26.4.09

MOITO VOLEI

O sábado no Paco Paz, desputabase a Copa Deputación nas categorias senior, cadete feminino e alevin mixto, na categoria senior feminina o gañador foi o CV San Martiño A. Xa na cadete feminina tamen acadou o primeiro posto o equipo do CV San Martiño.
As nosas rapazas acadaron a 3ª posición, e na categoria alevin dominaron como era de agardar os equipos dirixidos por Uxio Garcia do CPI Mende.
O final unha maña intensa de moito volei onde os rapaces desfrutaron coa competición.

Xa no domingo o equipo cadete feminino desputaba o encontro de volta da fase de ascenso a liga galega no que acadaron a victoria por un comodo 3-0, agora tocalles agardar por o seguinte rival a bater.

O equipo senior que se desplazaba a San Sadurniño non poido cos locais e caeu derrotado por 3-1, o cal empataba a eliminatoria e o máis rechamante e que despois de botar contas os dous equipos contabamos co mesmo número de puntos tanto a favor coma encontra, co cal terase que desputar un encontro de desempate.

22.4.09

XORNADA DE COPAS.......

Este sábado temos no "Paco Paz" o longo de toda a maña A Copa Deputación coas categorias alevin, cadete e senior tanto masculino como feminino, agardamos vermos a todos alí e que sexa unha maña na que todo o mundo se atope a gusto.

Xa o domingo temos dous encontros moi importantes, xa que o Equipo senior desplazase a San Sadurniño para desputar o partido de volta dos cuartos de final da 1ª fase da copa galicia, isto sera a partir das 12:30 no pavillón de Sansa, o Cvo parte con vantaxe na eliminatoria xa que gañou o encontro da ida por 3-1, agardemos que os nosos sexan capaces de manter a vantaxe no marcador.
En Ourense e tamén o domingo a partir das 12:30 no "Paco Paz" as cadetes do Cvo desputanse o pase as semifinais da fase de ascenso a Liga Galega, o equipo local parte como favorito xa que derrotou o pasado fin de semana o equipo do Salesianos Cambados por un claro 0-3.

Sorte a todos, e a gañar.

19.4.09

NOVIDADES

Rematou o Torneo xuvenil que se desputaba esta fin de semana no "Paco Paz", levantando o trofeo o Emeve Lugo que se impuxo con autoridade (3-1) o Leganes na final o terceiro posto foi para o Teis despois de gañar os nosos por un claro 3-0.

Ademais do torneo as cadetes desputaron o encontro contra o Salesianos Cambados, o resultado foi moi bo xa que gañaron por 3-0 o cal deixa as cousas bastante ben para o partido de volta.

18.4.09

Fin de semana de moito volei

Nesta fin de semana temos a Alex e Damian coa selección galega cadete, Nuno e Félix na infantil en Huelva disputando o campionato nacional.
En Ourense disputase o torneo xuvenil masculino no "Paco Paz", preparatorio para o campeonato nacional que terá lugar en Lugo a vindeira fin de semana.

O equipo de Teis lidera a clasificación despois de impoñerse por un claro 3-0 o equipo do CV Ourense, na segunda praza está o CV Léganes que derrotou o Emeve 3-2 nun axustado encontro, o terceiro e cuarto posto ocupanos o Emeve e Ourense respectivamente, con todo por decidir na xornada de maña, que se presenta moi emocionante.
(O calendario dos encontros atoparedelos na web do Club www.voleyourense.es)

Tamén maña sábado as cadetes desplazanse ata Cambados no seu primeiro paso para acadar o ascenso a Liga Galega, agardemos que volvan a casa cun bo resultado para o partido de volta.
¡Sorte rapazas!