28.10.09

26.10.09

Dous anos despois...

Tras case dous anos, o equipo senior masculino acada una nova victoria na liga.
O partido foi desputadísimo, tanto que salvo o cuarto set que acabou 25-20 para o conxunto local, todos se gañaron pola mínima. Tras ir perdendo dous sets a cero, logramos unha remontada épica, merecida e claramente reconfortante gracias ó esforzo de todos e cada un dos compoñentes do equipo, sabendo estar cada un seu sitio e facer cada un o seu traballo.
Estamos na senda adecuada rapaces, temos que seguir loitando en cada adestramento para que a partires de agora, o partido desta fin de semana pasada, sexa o que peor xoguemos.
Xa sabemos que somos capaces de facelo, agota temos que saber si somos capaces de repetilo... A pola seguinte.

Por outra banda, o equipo feminino segue a se pasear pola 2ª división, engadindo un novo partido o casilleiro das victorias, sumando xa así a terceira consecutiva a sen ter cedido ningún set. Noraboa rapazas.

O resto de resultados pódense ver na entrada anterior, noraboa a todos os que gañaron, e os que non o fixeron, a polo seguinte partido.

21.10.09

XORNADA 24-10-2009

DIA HORA ENCONTRO COMPETICION LUGAR
24-10-09 12:30 CALASANCIAS-CVO 2ª A FEM. A CORUÑA
24-10-09 17:00 CVO-RIANXO LGXM 5º INSTITUTO
24-10-09 20:00 CVO-RIANXO 1ª NAC.MASC. PACO PAZ
25-10-09 11:30 MONFORTE- DIVINA PASTORA LGCF MONFORTE
24-10-09 11:30 VIGO- CVO CPI MENDE LGIM VIGO
24-10-09 10:00 VIGO-CVO LGCM VIGO

20.10.09

RESULTADOS


17-10-2009


VALLADOLID-CVO (3-0) SENIOR MASCULINO


CVO-COMERCIAL DURAN (0-3) SENIOR FEMENINO

16.10.09

SEGUNDA XORNADA


Despois do finde pasado cargado de emocións, na que o club presentouse en público nun acto que foi un éxito rotundo, despois de que o equipo senior masculino perdera por 0-3 ante o León e que o equipo senior feminino vencera por 0-3 ante o CV San Martiño,iste sábado día 17 presentase outra xornada.

O equipo senior masculino que dirixe Celso Veloso, desplazase ata Valladolid onde buscara a primeira victoria da tempada ante un recén descendido da liga FEV Universidade de Valladolid.

Por outra banda as mulleres dirixidas por Luis Sanchez, debutan como locais ante o Comercial Durán e intentarán acadar a segunda victoria da tempada o encontro sera a partir das 17:00 h no Pazo dos deportes "Paco Paz".

7.10.09

COMEZA A TEMPADA

DIA
HORA
ENCONTRO
COMPETICION
LUGAR
10-10-09
18:00
PRESENTACIÓN OFICIAL
CV OURENSE 09-10
PACO PAZ

20:00
CV OURENSE-AULE (LEON)
1ª NAC. MASC.
PACO PAZ


11-10-09
12:00
DOMPA GESTIÓN- CV OURENSE
2ª AUT. FEM.
PABELLON REMEDIOS

CURSO DE ARBITROS

Reunión Arbitral, Curso de Reciclaxe:

O próximo Domingo día 11 de Outubro a partir das 18:00 h no salón de actos da Delegación Ourensana de Voleibol (Rúa Noriega Varela, 12 - 32004 - Ourense) terá lugar a reunión arbitral de comezo de tempada 2009-10.
Asistirá o presidente da Asociación de Árbitros de Voleibol de Galicia D. Justo Olea Comesaña que se encargará de explicar os cambios nas regras de xogo así coma o sistema de funcionamento da nova Asociación e responderá tódas aquelas cuestións que lle sexan plantexadas.


Curso de árbitros e anotadores:

Ese mesmo día, Domingo 11 de Outubro realizarase, tamén no salón de actos da Delegación, o curso de árbitros Territorial A e B, así coma o curso de Anotador.

Os horarios son os seguintes:

Curso de Árbitros: 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00
Curso de Anotadores: 16:00 a 18:00.

Os interesados deberán anotarse antes do xoves 8 de Outubro enviando un correo electrónico indicando: Nome e apelidos, DNI e Tfono a ourense@fgvb.es

1.10.09

I Xornadas de Tecnificación en Voleibol

O próximo sábado 3 de Setembro na Pista Central do Paco Paz e en horario de 10 a 13H, celebraránse as I Xornadas de Tecnificación en Voleibol orientadas a adestradores, monitores ou mestres en educación física que traballan voleibol e minivolei con rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.
A temática desta primeira xornada será a exposición práctica da metodoloxía empregada na escola por Uxío García para conseguir a captación de alumnos, e a estructuración das sesións para o mellor aproveitamento do tempo.

Uxío García e mestre de educación física e responsable das escolas de voleibol do CPI Mende e posue grande experiencia no traballo coa base do voleibol en distintos puntos da provincia de Ourense.

Os interesados poderán inscribirse enviando Nome Apelidos e DNI a dirección de correo electrónico ourense@fgvb.es. A incrición será gratuita.