12.3.10

PRÓXIMOS PARTIDOS


CAMPÍONAS INVICTAS


O pasado sábado 6 de marzo, o noso equipo feminino que milita na segunda división, vencía ao Ojea Boiro Voleibol proclamándose campión de liga, sin perder ningún partido e tan só cedendo dous sets en toda a tempada. Desde o clube queremos darlles a noraboa e desexarlles moita sorte na fase de ascenso a primeira división da que van ser partícipes.

Asimesmo o equipo masculino afrontará a súa última xornada de liga o sábado ás 20 horas no Paco Paz fronte o Tecnifont Voleibol.

Pero aquí non acaba a tempada, aínda faltan por desputarse a Copa Xunta de Galicia, na que participarán os equipos senior, e a Copa Deputación, na que participarán a totalidade de equipos pertencentes ao clube e que estamos seguros de que nos darán máis de unha alegría.