24.12.08

17.12.08

Calendario xornada 20 de decembro


Recordarvos que o sábado as 21 horas temos a CEA de Nadal en AIXIÑA. Sorte para os dous equipos, e Felices Festas! Un saúdo.

10.12.08

Xornada Deporte Escolar 13 decembro 2008


Este fin de semana hai un pequeno parón e adicarase a facer unha xornada de deporte escolar. Vémonos no Pazo. Un saúdo.

Resultados Xornada 6 decembro 2008


Nova derrota do equipo de Primeira División, cun mal xogo despregado ante o CIS Zalaeta. Seguimos ocupando o derradeiro posto da clasificación. Toca seguir entrenando e afrontar con optimismo o que resta de liga. Felicitar ó noso equipo infantil feminino CVO Divina Pastora que se impuxo ó CV Noia por un 3-0. Un saúdo.

2.12.08

Calendario xornada 6 de decembro



De novo nos toca xogar na casa. A ver si desta vai a vencida e podemos dar unha alegría á afición. Pese a non estar na tabla, dicirvos que o Domingo ás 12 da mañá, xoga o noso equipo infantil femenino contra o Noia, no Pompeo. Moita sorte, e un saúdo.

1.12.08

Resultados Xornada 29 novembro 2008


Mala xornada deportiva en xeral para os equipos que representan ó clube. Nova derrota para o equipo de Primeira Nacional, que se viu superado polo Valery Karpin, que en ningún momento deu opcións de victoria ós nosos. Pese ó contundente resultado, destacar moi bos momentos de xogo pola nosa parte, ainda que iso sí, de maneira moi esporádica. Seguimos a loitar por gañar algún partido e sair do fondo da táboa. Derrotas tamén para os equipos masculino e feminino en categoría xuvenil. Unha mención especial para o noso equipo de infantil feminino que se impuxo a domicilio ó equipo de Teis. Noraboa rapazas. Con traballo todo é posible. Moitos ánimos tamén os demáis equipos, e que é seguro que co tempo chegarán os resultados. Un saúdo.