25.11.09

24.11.09

19.11.09

16.11.09

Sexta xornada de liga

O equipo que milita na 1ª liga nacional pouco pudo facer fronte o equipo de Oleiros. Tan só nun segundo set moi axustado, no que os rivais estaban algo máis relaxados que no set anterior, puido o C.V.O. acadar a victoria. A falta de concentración no saque, sumada o bo facer dos contrarios nesta mesma faceta imposibilitou case totalmente o xogo do equipo visitante, que set a set ía demostrando quen pretendía a victoria, e quen quería lograla.
Traballo, traballo e máis traballo é o que nos queda para esta semana, na que nos mediremos ós primeiros clasificados da liga.

O resto de resultados pódense ver na entrada anterior.

Adestrade duro, rapaces e rapazas!!!!!!!!!!

12.11.09

Segunda victoria do equipo senior masculino

O equipo dirixido por Celso suma unha segunda victoria, moi necesaria para o conxunto, sobre todo para que os xogadores desfruten do traballo realizado durante toda a semana. O equipo coruñes non soupo facer fronte ó ataque dos locais, que pese a non estar moi acertados na recepción, e moito menos na defensa, soupo manter sempre as distancias no marcador con respecto ó equipo visitante, salvo no segundo set, no que o Zalaeta demostrou o que era capaz de facer, e o mal xogar dos ourensenos non fixo nin sombra o seu xogo. Agora a polos recén ascendidos Oleiros.

O equipo feminino suma e sigue. Unha victoria máis que non fai máis que dar mostra en números da calidade deste equipo no campo. A seguir así rapazas.

O resto de resultados pódense consultar na entrada anterior.

8.11.09

4.11.09

3.11.09

Seguimos medrando

O equipo de primeira nacional sufriu unha derrota que soupo a victoria. Un 3-2 en Santiago soupo a pouco, pero demostra que os adestramentos fan o seu efecto e se comezan a ver resultados como loita, sacrificio, entrega, dedicación... Proba de eso son os tres primeiros sets, dous perdidos e un gañado pola mínima. Aínda estamos comezando a xogar, coma quen di, e xa se empezan a ver cousas. A seguir cara adiante e con ganas, compañeiros.
As rapazas, unha vez máis, ganan sen maior problema un partido que xa dende o primeiro set quedou demostrado cal era o equipo que tiña máis posibilidades.
O resto de resultados pódense comprobar na entrada anterior.
Un saudo a todos.

RESULTADOS 31-10-09