28.4.10

Fin de semana de éxitos para o clube

A pasada fin de semana estivo rechea de éxitos para as categorías inferiores. Tanto o equipo infantil como o cadete feminino conseguiron un merecidísimo ascenso a liga galega, polo que o próximo ano as teremos competindo a un nivel aínda maior que o demostrado este ano. Asimesmo os cadetes masculinos acadaron un honroso subcampionato galego tras perder na final ante San Sadurniño por un axustado 2-3. Dende o clube dámoslles a noraboa a todos os rapaces e rapazas e aos seus entrenadores polo gran traballo que están realizando, e co que están logrando, co seu esforzo, que o clube siga crecendo e facéndose un oco, máis que merecido, no voleibol galego. ¡¡Seguide así!!